Friday 03 de May de 2024

Rey e Cabanas fan entrega dos premios do XVI Concurso de Tapas Picadillo


 

A alcaldesa destacou a importancia deste evento para situar A Coruña á vangarda da gastronomía galega e como punto de referencia turístico

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde, no salón de plenos do Pazo de María Pita, a entrega dos premios da XVI edición do Concurso de Tapas Picadillo. O acto estivo conducido pola xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, e nel tamén participou a concelleira de Turismo, Diana Cabanas, quen destacou que a cidade presume de ser pioneira en certames gastronómicos como este que potencia tamén a arte do tapeo e o feito de vivir en primeira persoa a experiencia de desfrutar das delicatesen preparadas polos cociñeiros coruñeses.

Pola súa parte, a rexedora asegurou que o Goberno local cre “na gastronomía como porta de entrada do turismo e, por iso, é necesaria potenciala ao máximo”. Por esta razón, insistiu en que apoiarán outras iniciativas populares ao longo do ano e tratarán de atraer con elas a máis visitantes. A xerente manifestou a calidade das propostas das máis de 83 tapas e 65 establecementos participantes nesta edición: “O alto nivel mostrado foi magnífico”.

Dos 47 establecementos participantes na categoría tradicional, seis foron os merecedores de levar diploma: La Pérgola de Oído Cocina, Cevichería La Sarita, Chirashizushi, Gastroteca, Casa Martín e Restaurante Morriña. As Mencións Especiais nesta categoría foron para Casa Martín e Restaurante Morriña e foi Cevichería La Sarita quen vestiu a tradicional chaquetilla dos Picadillo ao gañar esta

edición coa súa tapa Pataca cítrica sobre quinoa vermella e que recolleu Marta

González.

A categoría de tapas creativas foi a segunda con máis participantes. Gastroteca, Chirashizushi, Restaurante O Fieital, Surrey, Taberna os Tigres e Alma Negra foron os escollidos dos 36 participantes que levaron o diploma. A tapa gañadora este ano foi Esteiro, elaborada pola Gastroteca. Nelssy Soriano recolleu o premio.

O galardón Premio Picadillo 2019 da cidade da Coruña por votación popular recaeu no local El Rincón de Alba pola súa proposta de taco de lacón con grelos e queixo San Simón fundido. Iago Cagiao recibiu o trofeo. Na categoría de Maridaxe con viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, distinguiron a Gonzalo Cotelo, de Alia Die, coa súa tapa Albóndiga de bonito de Burela en salsa verde de alga codium e viño D.O. Rías Baixas Albariño de Fefiñanes.